Reducir, reutilizar e reciclar son elementos clave para a sustentabilidade do planeta. Son xestos sinxelos que axudan a non depender tanto da fabricación de recursos novos e a coidar do medio ambiente. O Concello de Redondela reforza o seu compromiso coa protección do medio ambiente e anima a veciñanza a colaborar na reciclaxe activa e responsable.
Participa na economía circular
Consumimos menos produtos de usar e tirar, que producen moitos residuos. Desta forma, iremos reducindo os residuos que xeramos nos nosos fogares.
Conseguimos crear obxectos útiles para a vida a través do aproveitamento dos recursos que ían terminar no vertedoiro e contribuír a un planeta máis limpo.
Axudamos a preservar o hábitat natural de moitas especies, reducimos a emisión de gases de efecto invernadoiro e ademais creamos novos postos de traballo.
É un proceso de transformación natural dos residuos orgánicos (restos de comida que tiramos habitualmente ao lixo) para obter compost, un fertilizante natural que serve para lle achegar nutrientes á terra. No Concello de Redondela, apóstase pola compostaxe como modelo de xestión global de residuos orgánicos, que se tratan onde se producen mediante autocompostaxe comunitaria e individual.
Axúdanos a reciclar
Nunha sociedade na cal o plástico cada vez ten máis presenza, a súa reciclaxe é básica. En España, o 80% dos fogares xa reciclan os seus residuos. Participa!
O vidro é un residuo reciclable ao 100%. En cambio, unha botella de vidro tirada na natureza tarda 4.000 anos en degradarse. Tira o vidro no contedor verde.
O contedor de papel leva máis de 20 anos en España. Cada vez unha maior parte da poboación esta concienciada coa reciclaxe do papel. E ti?
Participa na compostaxe
O Concello de Redondela pon á disposición da veciñanza composteiros individuais totalmente gratuítos. Podes solicitalos desde esta páxina.
A veciñanza de Redondela pode inscribirse no servizo de préstamo de biotrituradoras. Podes facelo desde esta páxina. Animámoste a participar!